12/11/13

Encontro de cineclubes · 2013

Lugar: Centro do Viño da Ribeira Sacra
Monforte de Lemos 16-17 Novembro 2013
O encontro dos cineclubes de toda Galicia e unha representación das Federacións de Cineclubes de Portugal e Catalunya, ademáis dunha representación do audiovisual catalán, nos servirá para debater a situación cineclubista, comparando o funcionamento dos distintos actores participantes.

Datas: sábado  16 e domingo 17 de novembro de 2013. (Horarios CUT+1)

Lugar: Centro do Viño da Ribeira Sacra, rúa Comercio 6 - 27400 Monforte de Lemos


O programa é posible polo apoio do , a Federación de Cineclubes de Galicia «Feciga» e o ; grazas a eles, o «Encontro» terá o seguinte contido:



sábado 16 de novembro:

10:30 h. Benvida.

11:00 h. Inauguración.

11:30 h. Actividades de cinema: IES Daviña Rei.

Instituto de Educación Secundaria «Francisco Daviña Rey» de Monforte de Lemos.
(situado na rúa Doutor Casares 63)

12:30 h. Programación, distribución: «O fin dos 35mm».

con Emma Fernández, da equipa de difusión da Filmoteca de Catalunya.

14:30 h. Descanso para xantar

Lugar: Restaurante Los Goya, rúa Carud 68—70 — Monforte

17:00 h. Coloquio: Cineclubismo.

Interveñen representantes dos cineclubes de Portugal, Catalunya e Galicia.

19:00 h. Conferencia: «Imaxe e cine» polo produtor e documentalista freelance Manuel Valcarce.

20:00 h. Conferencia: «Produción» con Iván Patiño (cofundador de ).

Proxección da súa curta «Deil»

21:30 h. Descanso para a cea

Lugar: Restaurante Los Goya, rúa Carud 68—70 — Monforte


domingo 17 de novembro:

11:30 h. Proxección: «» de David Vázquez
 (Galiza, 2013)

Nas augas dos ríos escóndense peixes, pedras, árbores… pero tamén camiños, lembranzas, vidas… asolagadas…
Grazas á colaboura da «Asociación Educativo-Cultural Airoá Comunicación», «» e «Chantada Comunicación S.L», o documental trata de recuperar a memoria dos pobos asolagados polo encoro de Belesar no ano 1963.
Film procedente do convenio do OUFF coa «Feciga» para a distribución de filmes do festival ourensán pola rede dos cineclubes galegos.

Mencións:  2013 sección paralela, panorama Galicia.
Guión: Alfonso Eiré
Música: Chechu Carballido, A Quenlla


Sipnose: Documental sobre a xente e os seus pobos (Abideira, Porto, Castro Candaz, Santa marta, Pincelo, Ponte Fortes, A Samugueira, San Paio, Mourulle, Portomeñe, A Hermida, Ribó…), anegados polo encoro de Belesar en 1963. Imaxes e sons da Ribeira Sacra e do río miño: dos restos das casas, das ádegas, das árbores… e especialmente, das dez testemuñas que viviron nestes lugares antes da construcción do salto e que se viron obrigadas a deixalo todo.

Formato de exhibición: DVD · VO.

12:30 h. Visita guiada .

14:30 h. Descanso para xantar

Lugar: Restaurante Los Goya, rúa Carud 68—70 — Monforte

17:00 h. Proxección: «» de Alberto Lobelle
 (España, 2010)
 

Certames e Festivais: Documenta Madrid 11, Aljazeera International Documentary Film Festival 2011, Cronograf 9, Cinestrat 2011, Medimed 2011, 43º Muestra Cinematográfica del Atlántico - Alcances.

Reparto: Grupo de cativos da Escola Aberta de Arte de Ferrol

Sipnose: en calquera lugar do mundo aparece, da forma máis natural, o prodixio da aprendizaxe, o asombro do descubrimento. O documental amosa a un grupo de nenos da Escola Aberta de Arte de Ferrol durante un ano, as primeiras emocións deslízanse ante a nosa mirada, momentos verdadeiros, únicos e precisos, nunha sucinta biografía da infancia.

Formato de exhibición: mov 16:9 HD · VO (español)

19:00 h. Remate e clasura dos «Encontros» 2013 · Monforte de Lemos.




Descarga o programa [.pdf · 2'7 Mb] dos «Encontros de Cineclubes»


Engade todas as actividades[.vcs · 4 Kb] na túa axenda.*

* Podes engadir só as actividades que teñas interés na tú axenda, premendo sobre a súa indicación horaria [.vcs • 1 Kb]



Enderezo acurtado para espallalo «Encontro»…    http://ir.gl/Encontros-Cineclubes-2013